Enlaces Útiles


Dudas y Consultas
Inscripción on-line

Cambiar idioma a:

en_castellano

Novotebeo en FB! logo_fb
Cidade do Mar logo_fb
Os Novos Brioneses logo_fb
Google+ G+

logo_mergulladas

Website counter

AS XORNEDAS

As Xornedas son as Xornadas de Rol, simulación e estratexia da A.C.Novotebeo no Concello de Neda. Có apoio do Concello, estamos a organizar unhas xornadas dun día, nas que poderedes participar en múltiples actividades, divertidas e amenas.

¿Onde? Na Casa da Cultura de Neda. Rúa Algeciras 61

¿Cando? O día 8 de Xaneiro, de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 21:00

A continuación presentámosvos os formularios de participación nos eventos programados. Para apuntarte a algo, só tes que completar o formulario cos teus datos, axudarasnos moito a preveer as necesidades organizativas para poder atendervos a todos e todas. Todas as actividades son GRÁTIS, so vos pedimos, como ben sendo habitual en nós, unha colaboración en forma de comida para a Cocina Económica, e de esa maneira que este evento lúdico sexa tamén solidario. Non e obrigatorio, pero si un detalle se o facedes. O día do evento podedes traer a comida.

Actividades

PARTIDAS DE ROL. ¿Querer xogar ao rol, e interpretar unha persoaxe coma si unha obra de teatro de final incerto se tratara? Eso son os xogos de rol, teatro ao redor dunha mesa, moitas veces ambientado en mundos fantásticos, coma o do Señor dos Aneis, nun futuro ciberpunk, no pasado medieval, etc. Se queres xogar ao rol con nós, completa o seguinte formulario e meterémoste nunha das partidas que pronto iremos anunciando.

XOGOS DE MESA. Teremos unha mesa para probar xogos de mesa, algúns deles para os máis pequenos, así que traede os nenos para que pasen un rato divertido. Apuntádevos no formulario.

PARTIDAS DE DEMOSTRACIÓN DE BLOODBOWL. O xogo de rugby con miniaturas fantásticas, orcos, homes, homes largato, ogros...un xogo muy divertido onde poderedes levar o voso equipo de monstros toliños por gañar o partido. Apuntádevos á demo.

PARTIDAS DE DEMOSTRACIÓN DE MAGIC. Teremos unha persoa ensinándovos a xogar ao magic e ademáis darémosvos un mazo de xogo de balde para que probedes e xoguedes cos vosos amigos e amigas.

TORNEO DE X-WING. O xogo de naves onde podedes pilotar as naves do universo de StarWars. No formulario podes apuntarte a este torneo e ver os agasallos e sorteos preparados para os participantes.

TORNEO DE MAGIC. O xogo de cartas máis famoso de mundo tamén nas Xornedas. Torneo con agasallos para os participantes. No formulario todos os datos.
Formulario participación: http://ow.ly/lPni307ke4e

TALLERES XAPONESES DE YUTNORI E KOINOBORI. Da man da Asociación Gaikai, presentámosvos estes divertidos talleres onde ademáis de participar, poderedes levarvos un recordo destes talleres manuais para todas as idades. No formulario explicámosvos de que van os talleres e como apuntarvos.

PARTIDA DE ROL EN VIVO: ALIEN. Da man dos/as colegas de Brumas Estixias, propoñémosvos participar neste Rol en vivo baseado no mundo de Alien. Prazas muy limitadas, para este evento especial que vos explicamos no formulario.

TALLER DE PINTADO DE MINIATURAS. Adicaremos un espazo das Xornedas a ensinarte a pintar miniaturas se te acercas por aquí. Non tes que traer nada, nos poñemos todos os materiais. Só tes que traer contigo a túa vontade de pasalo ben e aprender.

COLABOURAS. ¿Queres colaborar con nós nas XorNedaS facendo unha partida de rol, unha demo ou outra cousa? Completa o seguinte formulario para dar cabida á túa actividade.


¡Vémonos nas XorNedaS!

A.C.Novotebeo

Cartel